Novidades literarias
O último día en Terranova. Manuel Rivas
A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro de "Liquidación total de...
Lourenço, xograr. Manuel Portas
Mediado o século XIII, Lourenço, un rapaz, un humilde vilán, soña con ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os desprezos clasistas, nin...
De remate. Héctor Cajaraville
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos...
A noite enriba. Diego Ameixeiras
Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O...
Romaría de historias. Xosé Neira Vilas
Alguén dixo que todos somos, ou fomos, da aldea. Que temos residido nela, ou nela están os nosos ancestros. Nas nosas vilas e cidades queda moito do mundo rural. Algúns volven a el de escapada, ou nas vacacións, e ademais sempre levan no subconsciente algún topónimo, o nome dunha leira, ou dun avó,...
Cabalos e lobos. Fran P. Lorenzo
Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns...
Un animal chamado néboa. Ledicia Costas
A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar...
Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica. AA.VV
A ciencia fcción é o campo máis fértil para a experimentación. Non foron poucos os biólogos, astrofísicos, enxeñeiros ou sociólogos os que empregaron o xénero para pór a proba ou divulgar as súas teorías. E, como non, o sexual e o erótico non podía ficar fóra, dado que o límite das posibilidades...
Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo. Xosé Ricardo Losada.
Nesta biografía de Faustino Rey Romero (1921-1971), o crego e poeta antifranquista de Isorna (Rianxo), recóllense moitos dos sorprendentes comentarios que sobre el foi escoitando Xosé Ricardo Losada, autor da obra, na súa vila natal. Algunhas persoas de Rianxo considerábano un sátiro, polos seus...
Galicia encantada. Antonio Reigosa
O proxecto Galicia Encantada naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos,...