Un pasiño para adiante

A Administración galega renova acordos con universidades brasileiras

Educación impulsa a sinatura de novos acordos de colaboración coas universidades de São Paulo e do Estado do Río de Janeiro, cun investimento de 24 000 euros. Con esta iniciativa búscase favorecer a proxección exterior da lingua, a literatura e a cultura galegas e fomentar as relacións co mundo...

NACE LERMOS.GAL, REVISTA EN LIÑA DEDICADA Á LITERATURA EN LINGUA GALEGA

O novo web nace como punto de encontro para todos/as aqueles/as que escriben en galego. Pretende divulgar a nosa literatura empregando as redes sociais. Bótalle unha ollada: lermos.gal

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía o acceso gratuíto ao dicionario en liña Digalego

A Xunta de Galicia porá á disposición de toda a cidadanía o acceso gratuíto a Digalego.xunta.gal, un completo dicionario en liña de lingua galega que, con máis de 65 000 entradas, é unha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego.

A CULTURA GALEGA GAÑA ESPAZO NA REDE GRAZAS AO ALUMNADO DE LITERATURA GALEGA DA ACTUALIDADE DO NOSO CENTRO

O alumnado da materia de Literatura galega do séc. XX e a actualidade do noso centro está traballando, baixo a coordinaciíon do seu profesor, Carlos Loureiro, na achega de diversas entradas na Galipedia relacionadas coa cultura da nosa comarca. Parabéns a todos/as eles/as. Pódese acceder á noticia...

ENTREGA DOS PREMIOS SAN MARTIÑO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA

O día 24 de novembro entregáronse os premios San Martiño de normalización lingüística na síua XXV edición. O premio, organizado pola Asociación Cultural o Brado da Estrada pretenden recoñecer o labor desenvolvido a prol do emprego da lingua galega por persoas, colectivos ou entidades. Nesta edición...

ÚNENSE DOCE CONCELLOS PARA FOMENTAR A TRANSMISIÓN DO GALEGO COMO LINGUA INICIAL NA PRIMEIRA INFANCIA

Os concellos de Santiago, Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois e Vigo asinaron un protocolo de colaboración o pasado luns, 23 de marzo, para a implantación do proxecto Apego, dirixido a fomentar a transmisión do galego aos nenos máis pequenos no...

O NOVO LIBRO DE ASTÉRIX, EN GALEGO

O 22 de outubro de 2015 publicarase o 36º álbum de Ásterix e Obélix, O papiro do César, segundo se acaba de anunciar na feira do libro de Bolonia. O libro contará de novo coa autoría do guionista Jean-Ives Ferri e o debuxante Didier Conrad, que xa realizaron en 2013 Astérix e os pictos. E, ao...

O COLEXIO DO FOXO FOMENTA O EMPREGO DO GALEGO NO COMERCIO LOCAL

Escolares do colexio estradense do Foxo deseñan 99 tiquetas comerciais para felicitar en galego, no marco da II campaña de etiquetado en lingua galega Bicos a moreas organizada por ese centro en colaboración coa Asociación Comarcal de Empresarios e a Asociación de Comerciantes da...

A USC COMEZA UNHA CAMPAÑA PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de iniciar a campaña "Ensinas máis do que cres", para fomentar o uso da lingua galega entre os docentes da universidade. O uso do galego na docencia dos graos no curso 2014-2015, segundo os datos que manexa...

O FISCAL SUPERIOR DE GALICIA ANIMA OS AVOGADOS A EMPREGAR O GALEGO

O fiscal superior de Galicia exerce a súa profesión, preferentemente, en galego, e por iso, é un sobranceiro referente no seu traballo a favor da plena normalización da nosa lingua no ámbito xurídico. Varela animou o pasado domingo, nove de febreiro, os letrados a empregar o galego nos xuízos e nas...
1 | 2 >>

Un pasiño para adiente

Esta lista está vazia.