Música

Listas de reprodución de grupos de música en galego en YouTube e Spotify

Listas de reprodución de pop e rock en galego en YouTube e Spotify O equipo de normalización acaba de publicar listas de reprodución de grupos galegos de pop e de rock en YouTube e en Spotify. Xa é hora de coñecermos a excelente música que se está a facer neste campo no noso país. Podes...

Ses publica o seu terceiro disco:"Tronzar os valos"

Acaba de saír o novo álbum de Ses, Tronzar os valos. Editado por Fol Música, presenta doce novos temas nos que o rock se mestura co blues e cos ritmos latinos. Moi recomendábel.

Novo disco de Guadi Galego

Guadi Galego acaba de publicar Lúas de outubro e agosto (Fol Música), un disco centrado na figura da muller, no que ofrece un son máis pop que no traballo anterior, aínda que conservando o recendo do tradicional. O grande éxito do videoclip “Matriarcas” (máis de 20.000 visitas en dous días) abre...

Homenaxe a Pinto d' Herbón

Vincular un dos regueifeiros actuais máis coñecidos coa máis excelsa poeta das nosas letras. Este foi o eixe da Coroa Poética para Pinto D'Herbón, que unía dous referentes da cultura local nunha homenaxe que a Fundación Rosalía de Castro acolleu o pasado sábado. A valía deste improvisador e a súa...

Ses arrasa

Co seu segundo disco, Co xenio destrozado, Ses está a se converter nun fenómeno de masas.