Un pasiño para atrás
Redúcese nos últimos anos o número de libros publicados en galego
Segundo os datos dun informe presentado polo Consello da Cultura Galega, dende o ano 2008 as publicacións en galego descenderon un 43,8 %, o que supón máis de mil títulos menos.
Máis infromación, nesta ligazón
A Televisión de Galicia reduce drasticamente os servizos de dobraxe ao galego
O orzamento da TVG para os servizos de dobraxe ao galego de filmes, series e programas pasa de 7 a 1,4 millóns de euros.
Máis información, nesta ligazón
UN CENTRO INFANTIL DE GALIZA PROHÍBE O EMPREGO DO GALEGO
O centro de educación infantil Jungle World da Coruña manifestou nunha circular a súa prohibición explícita a empregar o galego no centro, tanto nas actividades internas como nas comunicacións cos pais. O seu uso supoñerá unha falta grave para os traballadores. Unicamente tolerará o emprego...
O MINISTERIO DO INTERIOR CONTINÚA A DETURPAR A TOPONIMIA NOS DOCUMENTOS DE IDENTIDADE
A Mesa pola Normalización Lingúística acaba de denunciar no seu web que trinta e dous anos despois de que a Lei de Normalización establecese como única forma oficial dos nomes de lugar a galega, en moitos Documentos de Identidade de recente expedición, a propia policía, que debería velar polo...
O SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DA BARCA CASTELANÍZASE COA RESTAURACIÓN
O vello e emblemático santuario de Muxía apareceu rebautizado co nome de Nuestra Señora de la Barca, logo de rematada a primeira fase da restauración. Parece unha triste metáfora dunha lingua que esmorece perante o avance esmagador da modernidade castelanizadora
AS MULTINACIONAIS ESPAÑOLAS NON ENTENDEN O GALEGO
A empresa FCC, que xestiona a planta de RSU da Mancomunidade Serra do Barbanza acaba de solicitar, no curso do contencioso no que os concellos mancomunados pretenden apartala deste servizo a causa das presuntas irregularidades e incumprimentos das condicións da adxudicación, que lles sexan...
O CARBALLIÑO VOLVE A SER EL ROBLECITO
Continúa a cruzada contra o galego do alcalde do Carballiño. En galego nin se atende nin se paga. Os impresos do Servizo de Xestión Tributaria do concello exclúen o galego, e só están dispoñíbeis en español e en inglés. A Mesa pola Normalización Lingüística xa denunciara hai uns meses que a...
CONTINÚA A DESCENDER A PORCENTAXE DE GALEGOFALANTES
O recente informe do IGE mostra que, no período comprendido entre 2001 e 2011, o índice de falantes monolingües en galego caeu trece puntos. Na anterior vaga deste estudo, o 57% da poboación do país afirmaba empregar sempre o galego como lingua de uso cotián. Actualmente, a cifra reduciuse a...
DIMINÚE A EDICIÓN DE LIBROS EN GALEGO UN 11 %
A Federación de Gremios de Editores de España acaba de facer público o seu informe correspondente ao ano 2013. Os datos sinalan que en Galicia continúa a minguar o número de obras editadas por empresas, que no período estudado diminuíu un 10,9 por cento a respecto de 2012.