O NOVO LIBRO DE ASTÉRIX, EN GALEGO

O NOVO LIBRO DE ASTÉRIX, EN GALEGO

O 22 de outubro de 2015 publicarase o 36º álbum de Ásterix e Obélix, O papiro do César, segundo se acaba de anunciar na feira do libro de Bolonia. O libro contará de novo coa autoría do guionista Jean-Ives Ferri e o debuxante Didier Conrad, que xa realizaron en 2013 Astérix e os pictos. E, ao igual que sucedera con este álbum, poderemos ler en galego a nova entrega dos famosos galos, publicada pola editorial Xerais.