Romaría de historias. Xosé Neira Vilas

Romaría de historias. Xosé Neira Vilas

Alguén dixo que todos somos, ou fomos, da aldea. Que temos residido nela, ou nela están os nosos ancestros. Nas nosas vilas e cidades queda moito do mundo rural. Algúns volven a el de escapada, ou nas vacacións, e ademais sempre levan no subconsciente algún topónimo, o nome dunha leira, ou dun avó, unha festa, unha comida... Nesta novela, feita de lóstregos múltiples, hai recendos, paisaxes, chiar de paxaros, ademais de historias, unhas alegres e outras non tanto, e hai toda unha atmosfera que a natureza puxo á nosa disposición. E tamén atoparemos situacións cheas de vida e, ás veces, de morte; aconteceres de onte e de hoxe que nos trasladan a un mundo próximo e afastado, ó mesmo tempo real e máxico.

Nerea Nóvoa Gestoso, Eliezer Ruan, Nerea Sanmartín Gómez