A viaxe de Gagarin. Agustin Fernández Paz

A viaxe de Gagarin. Agustin Fernández Paz
A historia contida nestas páxinas ten o poder de emocionarnos a través da narración dos feitos extraordinarios que sacudiron a década dos sesenta en todo o mundo. Agustín Fernández Paz publica unha novela na que regresa aos anos 60, segundo as súas propias palabras para realizar «un axuste de contas» con aquel tempo difícil. Era o momento en que o cosmonauta Iuri Gagarin se convertía no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior, dando comezo a unha era espacial nunha década que traería grandes cambios para a humanidade.