A conxura dos Gosende. Carlos Solla

A conxura dos Gosende. Carlos Solla

“E nesas andamos, percorrendo o territorio entre o Verdugo e o Umia, os ríos, fontes e regatos pequenos desta nosa milenaria Terra de Montes, aínda que a cacicaxe reinante non vexa máis ca “montes de terra”, para degradar, espoliar e malvender ao mellor postor. Terra de Montes é moito máis ca un viveiro de fachendosos de parroquia metidos a políticos, trepas mediocres que utilizan os concellos para autopromocionarse, para beneficiarse das prebendas do poder.”
Este volume continúa o traballo comezado n’´O código da vincha e As pedras da tribo, dentro da colección Cerdedo in the Voyager, unha viaxe pola historia e cultura milenarias de Cerdedo.

                                                                                                                                                            Diana Cerviño. Alba Novo