ÚNENSE DOCE CONCELLOS PARA FOMENTAR A TRANSMISIÓN DO GALEGO COMO LINGUA INICIAL NA PRIMEIRA INFANCIA

ÚNENSE DOCE CONCELLOS  PARA FOMENTAR A TRANSMISIÓN DO GALEGO COMO LINGUA INICIAL NA PRIMEIRA INFANCIA

Os concellos de Santiago, Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois e Vigo asinaron un protocolo de colaboración o pasado luns, 23 de marzo, para a implantación do proxecto Apego, dirixido a fomentar a transmisión do galego aos nenos máis pequenos no ámbito familiar, social e escolar, co obxectivo de que o adquiran como lingua inicial.

O obxectivo do proxecto é conseguir, a través de accións dirixidas ao ámbito familiar e social de nenos de ata 6 anos, unha maior porcentaxe de cativos que o empreguen de xeito habitual.

Entre os compromisos adquiridos por estes municipios está facilitar o acceso aos recursos, redes, materiais e servizos que fagan posible o coñecemento da nosa lingua desde os primeiros anos, un proceso no que o papel do entorno familiar dos rapaces será un factor clave.

(Martín Mato Búa. 2º Bach. A)