Actividades no MGB

Premiados no certame COIDA A TÚA LINGUA (2ª TEMPORADA). A televisión

Acaban de fallarse os premios do concurso. Os gañadores son: Categoría A (1º, 2º e 3º da ESO): Jonathan Ameijeiras López. Categoría B (4 da ESO e BAcharelato) Marcos Suárez Vázquez. Profesorado e persoal non docente: Chelo Vázquez Rozas. Parabéns a todos eles!

IV Festa das Palabras

O martes, 6 de xuño celebrouse no Teatro Principal da Estrada a IV edición da Festa das Palabras, organizada conxuntamente polos equipos de normalización dos centros de ensino da Estrada. Contou coa participación do escritor Antonio García Teijeiro e o coro do IES Antón Losada. Nela, entregáronse...

Concurso "Coida a túa Lingua" (2ª temporada). A televisión

Destinado a toda comunidade educativa.Ter por obxecto identificar e corrixir erros lingüísticos cometidos nalgúns dos programas máis populares da nosa televisión pública. O prazo de presentación remata o 26 de maio. O premio para cada categoría é unha camiseta (a elixir) da marca Rei Zentolo. Podes...

Listas de reprodución de pop e rock en galego en YouTube e Spotify

O equipo de normalización acaba de publicar listas de reprodución de grupos galegos de pop e de rock en YouTube e en Spotify. Xa é hora de coñecermos a excelente música que se está a facer neste campo no noso país. Podes acceder a elas desde a páxina inicial deste web.

Convocatoria da IV edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

 IV CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS    Convocado polos equipos de normalización do concello da Estrada e dirixido a todo o alumnado dos centros de ensino do concello    Bases              1.-  SECCIÓN...

Enquisa sobre usos lingüísticos no centro (ALUMNADO)

Pica aquí para iniciar o cuestionario

Enquisa sobre usos lingüísticos no centro (PROFESORADO)

Pica aquí para comezar o cuestionario

III edición da Festa das Palabras

O 26 de maio tivo lugar a III edici´`on da Festa das Palabras, na que se entregaron os premios aos galardoados no III Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos centros de ensino do concello da Estrada. Copntou coa presenza do escritor David Otero e do grupo Nai. Os premiados do noso centro foron:...

Gañadores do concurso "Coida a túa lingua"

Resultaron gañadores Ángel Louzao Neira (3º A ESO) na categoría A, Nerea Agrelo Turnes (4º C ESO) e Raquel Fonseca Pontes (4º C ESO) na categoría B e Suso Iglesias Torres (Departamento de Matemáticas) na categoría C. Parabéns a todos eles!

Campaña "Coida a túa lingua"

Dentro da campaña "Coida a túa lingua", podes participar no concurso de corrección de erros. Está dirixido a toda comunidade educativa. O premio para cada unha das categorías do alumnado é unha camiseta da marca Rei Zentolo. Podes ler aquí as bases e descargar nesta ligazón a ficha de...
1 | 2 | 3 >>