IV CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS
Convocado polos equipos de normalización do concello da Estrada e dirixido a todo o alumnado dos centros de ensino do concello
Bases
1.- SECCIÓN MICRORRELATOS
Os traballos, escritos en galego, terán unha extensión máxima de cen palabras. O tema é libre, mais deberá aparecer necesariamente a palabra VERÁN.
2.- SECCIÓN MICROPOEMAS
Os traballos, escritos en galego, terán unha extensión mínima de catro versos e unha extensión máxima de oito.O tema é libre, mais deberá aparecer necesariamente a palabra VENTO.
3.- Poderase participar nunha ou nas dúas seccións, pero presentando unicamente un texto en cada unha delas.
4.- Os traballos entregaranse, preferentemente mecanografados, nunha folla de tamaño DIN A4 na que se fará constar o nome, o curso e o centro educativo, ao/á profesor/a de Lingua Galega e Literatura.
5.- OO prazo de entrega remata o 3 de marzo.
6.- EEstablécense tres categorías:
B.1.- 1º e 2º da ESO
B.2.- 3º e 4º da ESO
C. - Bacharelato
7.- Concederase un premio por categoría e sección en cada un dos centros participantes. Os premios serán outorgados polo Concello da Estrada.
8.- Os traballos galardoados serán publicados nun libro, do que se entregará un número significativo de exemplares a cada un dos gañadores.
9.- O xurado estará formado polos coordinadores dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada. Valorará a creatividade, a orixinalidade e a calidade lingüística e literaria.