MICRORRELATOS gañadores da III edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

08-04-2016 17:56

Microrrelatos gañadores:

1º / 2º ESO. Microrrelato

 David Barbeito Rebolo (1º C ESO)

 

         Foi andando pola rúa. Estaba deshabitada polos humanos, pero non polos paxaros. Estaba chea de paxaros                        habitados en gaiolas; nas portas, na estrada, nas ventás... Era todo unha desorde.

        O neno tiña medo. Os paxaros falaban. Empezou a chorar. Os paxaros saíron das gaiolas e encerrárono noutra moi             pequena. O neno estaba desconcertado. Non sabía o que estaba pasando... Ata que espertou. Todo fora un soño.Menos         mal que fora un soño!


   3º / 4º ESO. Microrrelato

Triste realidade”, Ainhoa Vivel Couso (4º A ESO)


              Levaba demasiado tempo diante do caderno, intentando forzar as palabras a saír. Os seus ollos mártires reflectían,             sen el sabelo, o seu decadente interior. Sen forzas, deixou a pluma encima daquel folio en branco e levantouse. Vagou             durante un tempo indefinido por toda a casa, atrapado nos seus pensamentos. Cando chegou ao xardín, observou as             flores, as árbores, as pedras e as formigas. Unha paisaxe idílica e rutineira. Simplemente perfecta. Pero a realidade non         era tan fermosa. Tería que rematar aquel escrito para mañá, polo que, como un bo paxaro amestrado, volveu á súa                 gaiola.

 

1º / 2º BACHARELATO. Microrrelato

A deusa da lúa”, Laura López Rey (2º C Bacharelato)

 

        As lapas que danzaban na cheminea reflectíanse nos vidrosos ollos de Selene. Estaba tan preto delas, que notaba             como a calor abrasaba cada centímetro de epiderme do seu pálido rostro. Observounas durante horas ata que se                     reduciron a cinsas e todo tornou en escuridade. Estaba sendo devorada pola soidade e atrapada polas tebras, coma un         gorrión que só desexa voar, pero os arames dunha gaiola dourada sepárano do ceo. Aínda así, tiña nome de deusa,                 debía ser forte e poderosa. Ou quizais non, porque ao fin e ao cabo a lúa non brilla con luz propia.