MICROPOEMAS gañadores da IV edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

17-03-2017 19:33

Micropoemas gañadores:

Categoría B1 (1º e 2º da ESO)

AINHOA PEREIRAS MOSQUERA.

1º ESO C

"Cando te vaias"
O teu sangue beberano os deuses
como o viño que mellor se fai.
A túa luz será o vento
que leve esperanza onde non a hai.
O teu sorriso será unha estrela
que escintile en noite pecha.
Os teus ollos serán os luceiros
que garden mil segredos.

 

Categoría B2 (3º e 4º da ESO)

UXÍA SALGUEIRO PEREIRAS

4º ESO A

As margaridas florecían ao meu carón,
facéndome cóxegas
nos meus pés espidos.
O vento acariciábame as meixelas,
mentres o meu cabelo
danzaba ao son da natureza.

 

 

Categoría C (1º e 2º de bacharelato)

NICOLÁS PUENTE LUNA

1º BACH. C

"Uni- verso íntimo"

Amarte non souben, amor.
                                Re- existirei.
Se non te podo lembrar
esquecerei as miñas verbas
esparexidas polo vento.
Entrementres, mainiño, apracible, mol,
es a música que gardo en min,
agochada no meu uni- verso.