Os contos de terror do Tío Montague. Chris Priestley

Os contos de terror do Tío Montague. Chris Priestley

O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo. Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo... Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos? Pero non hai tempo para respostas. Á volta, Edgar ten que atravesar o bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra? Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.

                                                                                                                                        Diana Cerviño. Alba Novo