O CARBALLIÑO VOLVE A SER EL ROBLECITO

O CARBALLIÑO VOLVE A SER EL ROBLECITO
 
Continúa a cruzada contra o galego do alcalde do Carballiño. En galego nin se atende nin se paga. Os impresos do Servizo de Xestión Tributaria do concello exclúen o galego, e só están dispoñíbeis en español e en inglés. A Mesa pola Normalización Lingüística xa denunciara hai uns meses que a empresa concesionaria do Servizo de Xestión Tributaria se negaba a atender á cidadanía que fala galego.