Fontán. Marcos Calveiro

Fontán. Marcos Calveiro

Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde até os seus días finais no balneario de Cuntis: a vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, a do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo; a vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia; a peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha peronalidade extraordinaria. Velaquí unha novela que transmite a mesma paixón polo coñecemento e pola liberdade que move ao seu protagonista.

                                                                                                                                                                    Alba Novo. Diana Cerviño