Convocatoria do a 2ª edición do concurso de microrrelatos e micropoemas

Convocatoria do a 2ª edición do concurso de microrrelatos e micropoemas
 2º CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS 

 

Convocado polos equipos de normalización do concello da Estrada e dirixido a todo o alumnado dos centros de ensino do concello

 

 Bases 

 

        1.-  SECCIÓN MICRORRELATOS

Os traballos, escritos en galego, terán unha extensión máxima de cen palabras. O tema é libre, mais deberá aparecer necesariamente a palabra ESTRADA.

        2.-  SECCIÓN MICROPOEMAS

Os traballos, escritos en galego, terán unha extensión mínima de catro versos e unha extensión máxima de oito.O tema é libre, mais deberá aparecer necesariamente a palabra SOUTO.

        3.- Poderase participar nunha ou nas dúas seccións, pero presentando unicamente un texto en cada unha delas.

        4.- Os traballos entregaranse, preferentemente mecanografados, nunha folla de tamaño DIN A4 na que se fará constar o nome, o curso e o centro educativo, ao/á profesor/a de Lingua Galega e Literatura.

        5.- OO prazo de entrega remata o 3 de marzo.

        6.- EEstablécense tres categorías:

    B.1.- 1º e 2º da ESO

    B.2.- 3º e 4º da ESO

    C. - Bacharelato

        7.-  Concederase un premio por categoría e sección en cada un dos centros participantes. Os premios serán outorgados polo Concello da Estrada.

        8.- Os traballos galardoados serán publicados nun libro, do que se entregará un número significativo de exemplares a cada un dos gañadores.

        9.- O xurado estará formado polos coordinadores dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada. Valorará a creatividade, a orixinalidade e a calidade lingüística e literaria.