AS MULTINACIONAIS ESPAÑOLAS NON ENTENDEN O GALEGO

AS MULTINACIONAIS ESPAÑOLAS NON ENTENDEN O GALEGO

A empresa FCC, que xestiona a planta de RSU da Mancomunidade Serra do Barbanza acaba de solicitar, no curso do contencioso no que os concellos mancomunados pretenden apartala deste servizo a causa das presuntas irregularidades e incumprimentos das condicións da adxudicación, que lles sexan traducidos ao castelán os máis de dous mil folios que forman o expediente, alegando o descoñecemento da lingua propia do país no que está a facer os seus negocios

Parece que a multinacional ignora que a  lexislación obriga as empresas concesionarias de servizos públicos na nosa comunidade non só a respectar a oficialidade do galego, senón a “promover o uso normal do galego oralmente e por escrito na prestación dos seus servizos” e garantir que os cidadáns se poidan relacionar con elas e acceder aos seus servizos en galego.