MICROPOEMAS gañadores da III edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas
08-04-2016 17:43Micropoemas gañadores
1º / 2º ESO. Micropoema
Hugo Barruso Arias (1º C ESO)
Había árbores
a mares.
Había rosas
marabillosas.
Había bolboretas
e setas.
E eu estaba facendo un traballo
neste marabilloso carballo.
3º / 4º ESO. Micropoema
“Orballo de ilusión”, Nicolás Luna Puente (4º C ESO)
Daría o que fose
por volver escoitar a música
que brillaba nos teus ollos,
que prendía o meu corazón.
Daría o que fose
para que na miña alma resoase
aquel orballo de ilusión
cando guindei ao aire os bicos que nunca che dei.
1º / 2º BACHARELATO. Micropoema
Román Constenla Fontenla (1º C Bacharelato)
Chove, vai vento, sarabia,
todo isto pasa en Galicia.
Pola mañá,
vai frío e hai orballo.
Pola tarde,
trona e logo sae o sol.
Isto é o que vén sendo
unha macedonia galega