Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica. AA.VV

Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica. AA.VV

A ciencia fcción é o campo máis fértil para a experimentación. Non foron poucos os biólogos, astrofísicos, enxeñeiros ou sociólogos os que empregaron o xénero para pór a proba ou divulgar as súas teorías. E, como non, o sexual e o erótico non podía ficar fóra, dado que o límite das posibilidades -máis ou menos perversas- que nos ofrece a ficción anticipativa é a nosa propia imaxinación.
Neste volume xuntamos algunhas das grandes figuras da literatura galega, xunto con outras novas promesas do fantástico, para conformar a "Primeira antoloxía galega de ciencia ficción erótica"", seguindo o ronsel que no seu momento comezaron Samuel R. Delany, Philip José Farmer, Robert Silverberg ou Thomas N. Scortia entre moitos outros. Atréveste a conectarte e xogar?.