O MINISTERIO DO INTERIOR CONTINÚA A DETURPAR A TOPONIMIA NOS DOCUMENTOS DE IDENTIDADE

O MINISTERIO DO INTERIOR CONTINÚA A DETURPAR A TOPONIMIA NOS DOCUMENTOS DE IDENTIDADE

A Mesa pola Normalización Lingúística acaba de denunciar no seu web que trinta e dous anos despois de que a Lei de Normalización establecese como única forma oficial dos nomes de lugar a galega, en moitos Documentos de Identidade de recente expedición, a propia policía, que debería velar polo cumprimento da lei, mantén a deturpación e hibridación dos nosos topónimos.

Segundo as queixas recebidas pola Mesa de cidadás e cidadáns afectados, a xustificación que lles daban os funcionarios encargados, é que esas eran as formas que aparecían nas bases de datos do Ministerio do Interior. Aguajosa, Villaframil, ou Quenje, son algúns dos casos recibidos polá entidade en defensa da lingua galega.