O FISCAL SUPERIOR DE GALICIA ANIMA OS AVOGADOS A EMPREGAR O GALEGO

O FISCAL SUPERIOR DE GALICIA ANIMA OS AVOGADOS A EMPREGAR O GALEGO

O fiscal superior de Galicia exerce a súa profesión, preferentemente, en galego, e por iso, é un sobranceiro referente no seu traballo a favor da plena normalización da nosa lingua no ámbito xurídico. Varela animou o pasado domingo, nove de febreiro, os letrados a empregar o galego nos xuízos e nas demandas, lembrándolles que, xunto co castelán, é a lingua oficial do noso país.

Por outra banda, o fiscal destacou a dificultade de exercer a súa profesión en galego, debido á ausencia de "instrumentos" para levar a cabo esa tarefa, entre os que se atopan as ferramentas informáticas. Emporiso, solicitou na Radio Nacional de España unha infraestrutura adecuada para poder exercer a profesión de xurista na súa lingua materna.

Martín Mato Búa  (2º A BACH.)

Un pasiño para adiente

Esta lista está vazia.