Novo disco de Guadi Galego

Novo disco de Guadi Galego

Guadi Galego acaba de publicar Lúas de outubro e agosto (Fol Música), un disco centrado na figura da muller, no que ofrece un son máis pop que no traballo anterior, aínda que conservando o recendo do tradicional. O grande éxito do videoclip “Matriarcas” (máis de 20.000 visitas en dous días) abre grandes expectativas ao álbum desta artista que participou anteriormente en proxectos colectivos como Berrogüetto, Nordestinas, Espido ou aCadaCanto.