CONTINÚA A DESCENDER A PORCENTAXE DE GALEGOFALANTES

CONTINÚA A DESCENDER A PORCENTAXE DE GALEGOFALANTES

O recente informe do  IGE mostra que, no período comprendido entre 2001 e 2011, o índice de falantes monolingües en galego caeu trece puntos. Na anterior vaga deste estudo, o 57% da poboación do país afirmaba empregar sempre o galego como lingua de uso cotián. Actualmente, a cifra reduciuse a un 44%. Ao mesmo tempo experimentouse un notábel aumento dos usos bilingües (diglósicos?). A pesar de continuar perdendo terreo fronte ao castelán, o galego continúa a ser a lingua máis empregada pola poboación do noso país.