Novidades literarias

Muros de aire. An Alfaya

Un libro para os e as que non temen mirar o abismo aos ollos, porque o aire empeza a faltar desde a primeira frase da novela. Nunca abrimos un xornal para batermos cos testemuños das persoas que están detrás das estatísticas de suicídios, para que nos conten como se chega a ese punto. Por que...

Persépole. Marjane Satrapi

A editorial Rinoceronte abre con este libro unha liña de banda deseñada. Trátase dnha obra autobiográfica sobre a infancia da autora Marjane Satrapi en Irán. Obtivo unha grande sona internacional e foi adaptada a película animada. A BD levou o premio ao autor revelación 2001 e ao mellor guión 2002...

A viaxe de Gagarin. Agustin Fernández Paz

A historia contida nestas páxinas ten o poder de emocionarnos a través da narración dos feitos extraordinarios que sacudiron a década dos sesenta en todo o mundo. Agustín Fernández Paz publica unha novela na que regresa aos anos 60, segundo as súas propias palabras para realizar «un axuste de...

Dende o conflito. María Reimóndez

Novela gañadora do último Premio Xerais de Novela. Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é...
<< 1 | 2 | 3