Novidades literarias

As últimas galerías. Xosé María Álvarez Cáccamo

O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións, pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Álvarez Cáccamo, os feitos son...

Fontán. Marcos Calveiro

Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde até os seus días finais no balneario de Cuntis: a vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, a do liberal represaliado e a do científico...

Ulises e a as cronoamigas. Érika Esmorís

Ulises é unha alumna exemplar, pero Caraempanada decidiu suspenderlle Historia este curso. Cun pai anticuario, non se pode permitir tal cousa. Os seus pais deciden mandala a un campamento para rapazas na que podera reforzar os seus coñecemento de Historia. E é que ali conviven rapazas de diferentes...

A conxura dos Gosende. Carlos Solla

“E nesas andamos, percorrendo o territorio entre o Verdugo e o Umia, os ríos, fontes e regatos pequenos desta nosa milenaria Terra de Montes, aínda que a cacicaxe reinante non vexa máis ca “montes de terra”, para degradar, espoliar e malvender ao mellor postor. Terra de Montes é moito máis ca un...

Interferencias. Manuel Seixas

María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e...

Despois da chuvia. Miguel Cerro

Despois da chuvia” é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para...

O viaxeiro radical. Xerardo Quintiá

A novela trata dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban; un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia...

As viaxes fantásticas. Jules Verne

O libro ofrece cinco das máis recoñecidas novelas do mestre incontestábel da aventura adaptadas por un autor que non deixa escapar a súa paixón polas obras e a súa admiración por Verne e por un ilustrador que visualiza as imaxes máis significativas de cada historia. Supón unha iniciación para que o...

O principiño. Antoine de Saint-Exupéry, Traductor: Rodrígo Vizcaíno Bravo

No medio do deserto agardamos atopar camelos, serpes, oasis e, sobre todo, area, moita area. Mais o que non agardamos atopar é un principiño, un rapaz curioso e preguntón que non dá nada por sentado e sempre quere saber o porqué e o como das cousas. Un rapaz que é quen de facer que nos cuestionemos...

Os contos de terror do Tío Montague. Chris Priestley

O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo. Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade:...
<< 1 | 2 | 3 >>